Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

O ensino que desexas

O noso Colexio ten como principio básico a educación integral. Preparamos os alumnos para adquirir por si mesmos aquelas ferramentas que lles faciliten á súa incorporación os distintos niveis educativos, ao mundo laboral e á sociedade en xeral. 
Levamos a cabo unha educación personalizada, atendendo e acompañando a cada alumno segundo as súas necesidades co obxectivo de crear un ambiente humano que favoreza a súa maduración individual.
Valoramos o interese polo traballo cooperativo e motivamos o esforzo constante.  Fomentamos o traballo en equipo, a cooperación e a solidariedade
A nosa educación é integral e integradora e por iso traballamos a educación emocional, corporal, sexual, para a saúde, para a transcendencia, para a liberdade e o sentido crítico.
Educamos na adquisición das habilidades sociais, na xustiza e a solidariedade, na non violencia e a paz, na igualdade de xénero, raza, orixe;  no civismo, a participación e a democracia. Educamos na conciencia ecolóxica e respecto polo medio ambiente.
Afondamos nas habilidades e destrezas básicas, instrumentais, cognitivas e nas técnicas de traballo intelectual.   
Preocupámonos polos que experimentan maiores dificultades tanto nos seus estudos como noutros ámbitos: persoal, familiar, físico ou emocional.

0

Máis de 400 anos educando

0

Case 100 colexios en todo o mundo

0

Alumnos en España

0

Docentes en España

Admisións