POR QUE É TAN DIFÍCIL SER UN EXTRATERRESTRE?

Este foi o suxerente título da charla á que asistiron os nosos alumnos o pasado venres no auditorio de Cangas.

Emilio José García Gómez-Caro, do Instituro de Astrofísica de Andalucía, e Óscar Huertas Rosales, bioquímico da Universidade de Granada, "disertaron" durante máis dunha hora sobre exoplanetas, condicións de vida extrema ou zona de habitabilidade nun peculiar combate de argumentos científicos a favor e en contra da existencia de vida extraterrestre. Unha loita na que o público tamén foi protagonista votando pola opción máis convincente ou subindo ao escenario para axudar na explicación de determinados conceptos.

Esta charla organizada polo Concello de Cangas enmárcase dentro do proxecto "Ciudad Ciencia" do CSIC, Obra Social "La Caixa" e o Ministerio de Economía e Industria.