DE ESO DE EXCURSIÓN POR MADRID

Madrid foi o destino elexido polo alumnado de 4º de ESO para vivir a súa última excursión no Colexio.

Con puntualidade suiza arrancaron o martes 8 do noso centro cunha primeira parada en Sanabria para continuar camiño de Segovia, donde visitaron o seu famoso acueducto e o seu casco histórico. A última hora da tarde xa estaban instalados nos bungalows do Camping Alpha.

O mércores fixeron un percorrido turístico polo centro de Madrid con paradas na Plaza de Neptuno, Congreso dos Diputados, Puerta del Sol, Callao, Plaza Mayor e Mercado de San Miguel. Tamén tiveron unha visita guiada polo Palacio Real e, xa pola tarde, puderon admirar os cadros máis importantes do Museo do Prado. Remataron a tarde no Parque do Retiro para finalmente dirixirse á Puerta de Alcalá donde os recolleu o autobús.

O día do Parque Warner era un dos máis agardados por todos e non defradou. O xoves 10 e cunha temperatura inmellorable puderon disfrutar de todas as atraccións coa adrenalina disparada.

Xa o venres, logo do almorzo e de recoller todo no camping, visitaron o Monasterio de El Escorial, chegando a Cangas no horario previsto.

Os profesores que acompañaron a este grupo trasládannos as felicitacións recibidas tanto no Palacio Real como no Camping Alpha polo estupendo comportamento dos alumnos e alumnas. Sen dúbida un orgullo para toda a comunidade educativa.