VISITA FORMATIVA DO IES PARALAIA

Hoxe recibimos unha visita especial nas aulas de 4º de E.S.O. Ante a xa inminente chegada do fin de curso e de etapa dos nosos alumnos maiores, xúrdenlles moitas dúbidas sobre o seu futuro máis inmediato.

Algúns alumnos dos ciclos de formación profesional media do IES A PARALAIA, acompañados por profesores do centro, animáronse a contarnos as súas vivencias persoais.

Foi unha sesión moi aclaratoria, contada desde a propia experiencia, na que aprendemos un pouco máis sobre a FPM en xeral e os ciclos de “Instalacións eléctricas e automáticas”, “Mecanizado" e “Xestión administrativa” ofertados no seu centro en concreto.

Queremos dar as grazas a Elena e Rosa (orientadora e directiva do IES A PARALAIA) e sobre todo a Brayan, Alejandro, Saray , Carla e Lorenzo, este último un ex alumno que volveu por un día ao seu antiguo colexio, por seren capaces de vir a contarnos en primeira persoa cada un dos segredos dos seus cursos de FPM.