A CONTORNA DE SAN ROQUE

Sexto de Educación Primaria contempla un  dos mellores puntos de vista da nosa vila.

Os nenos e nenas de 6º de primaria sairon o pasado venres 13 a dar un paseo pola contorna do colexio. Aproveitando o bo tempo, fixeron unha pequena andaina ata a ermida de San Roque, cuxo mirador outorga unha das mellores vistas da nosa vila e da ría de Vigo. De seguido, achegáronse á Pedra do Elefante para logo voltar á ermina a merendar e xogar nos arredores a unha actividade de "búsqueda do tesouro", na que aprenderon a orientarse coa axuda do compás. Foi unha entretida mañá para todo o grupo.