SESIÓNS MOI APLICADAS

Repasar en clase é cuestión de ser aplicados no emprego das novas tecnoloxías.

Os alumnos de cuarto repasan Ciencias dun xeito diferente e divertido con "Plickers", unha APP que permite realizar preguntas ós rapaces de forma sinxela, dinámica e atractiva para obter, en tempo real, as súas respostas. 
Os alumnos teñen que empregar unha tarxeta (que non é outra cousa que un papel) e levantar a que corresponda coa resposta que pensan que é correcta. O mestre enfocará a cámara de calquera dispositivo que soporte esta aplicación cara os rapaces e o sistema de realidade aumentada recoñecerá automáticamente as respostas.

Ademais de darnos a coñecer as respostas correctas, permite elborar estadísticas e historiais.