BROCHE DE OURO PARA O REMATE DESTE CURSO 2017-2018

Xornada para a lembranza de 42 familias do centro que xuntas, no idílico paraíso das Illas Ons, puxeron punto e final ó presente curso 2017-2018.

Que mellor lugar para despedir o curso lectivo e dar comezo oficial ás vacacións de verán que as Illas Ons. Esta foi a idea orixinal que xurdiu desde a ANPA do centro o pasado mes de marzo e que hoxe se materializou nun día perfecto para percorrer a Illa ou simplemente para o ocio na praia.

Calquera das dúas opcións  foi todo un acerto xa que a combinación do bo ambiente creado entre nenos, familias e o marco incomparable das illas, deu como resultado una xornada para lembrar por moito tempo.