Anpa

A ANPA (Asociación de Nais e Pais do Alumnado) ten un papel moi relevante na vida do noso colexio. Así, organiza e participa en numerosas actividades:

·      Organiza as actividades extraescolares no colexio.

·      Participa nas festas e celebracións.

·      Realiza o concurso anual de postais de Nadal.

·      Prepara, cada ano, a chegada dos Reis Magos ao centro.

·      Organiza charlas, actuacións, ... para todo o alumnado do colexio.