Instalacións

Actualmente dispoñemos de 4 aulas de Educación Infantil, 12 aulas de Educación Primaria, 8 de Educación Secundaria Obrigatoria e un 1 de Educación Especial, todas elas en réxime de concerto educativo.

Tamén contamos con aulas específicas como: informática, audiovisuais, audición e linguaxe, laboratorio e outras instalacións como: capela, salón de actos, bibliotecas, comedor escolar e sala de exposicións e usos múltiples.

Contamos tamén con patios diferenciados para as distintas etapas e pavillón polideportivo.