Solicitude de praza

NORMATIVA

    A normativa sobre admisión de alumnos está regulada polas seguintes disposicións:

CALENDARIO CURSO 2017-18

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 2 de marzo ao 20 de marzo de 2017.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión do baremo:  do día 23 de marzo ao 5 de abril.
  • Publicación PROVISIONAL das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 15 de abril.
  • Publicación DEFINITIVA das listaxes de admitidos: antes do 15 de maio
  • Prazos de formalización de matrícula:
    • Do 20 ao 30 de xuño para Educación Infantil e Primaria.
    • Do 26 de xuño ao 10 de xullo para ESO
    • Prazo extraordinario para ESO do 1 ao 11 de setembro.

ÁREA DE INFLUENCIA DO COLEXIO

Os límites en zona urbana son:

  • Rúa Noria – edificios á dereita en dirección ao mar.
  • Avenida de Vigo – a partir da baixada a Síngulis en dirección a Pontevedra (números impares), Avenida de A Coruña ata a altura do Galas, Avenida de Lugo (en dirección a Coiro, edificios da dereita), Reboredo (“M-30”) (edificacións da dereita ata a rúa Noria).
  • Avenida de Montero Ríos ata a altura da subida ao Costal, Eirado do Costal, Álvaro Guitián, Praza de Síngulis ata o remate na Avenida de Vigo.
  • Barrios de Cimadevila, San Pedro, Ximeu, Serra Nacente, Choupana e Rúa Enseñanza.

NOTA INFORMATIVA

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, baixo advertencia de perda da prioridade.
  • O alumnado do centro que presente solicitude noutro centro deberá comunícalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
  • O alumnado con reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

        O criterio complementario establecido polo centro é o seguinte:

            “Ser fillo dun/dunha antigo/a alumno/a do centro”.

            Este criterio terá a súa xustificación nun certificado emitido polo propio centro.