Ed. Infantil

A etapa de Educación Infantil comprende dous ciclos: 1º de 0 a 3 anos e 2º de 3 a 6.

Nesta etapa aténdese progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, as manifestacións da comunicación e da linguaxe, as pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais propíciase que nenas e nenos acaden unha imaxe positiva e equilibrada de sí mesmos e adquiran autonomía persoal.

No noso centro dispoñemos de 4 aulas de Infantil de 2º ciclo en réxime de concerto educativo. Tamén temos unha aula de Educación Especial para atender a aqueles alumnos/as que o precisen.

Horarios: de 9:15 a 12:45 e de 14:45 a 16:45 de luns a venres.