Ed. Primaria

A etapa de Educación Primaria comprende seis cursos académicos. A finalidade desta etapa é facilitar aos alumnos e alumnas as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo, a adquisición de nocións básicas da cultura, e o hábito de convivencia así como os de estudo e traballo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade, co fin de garantir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da personalidade dos alumnos e alumnas e de preparalos para cursar con aproveitamento a Educación Secundaria Obrigatoria.

No noso centro dispoñemos de 12 aulas de Primaria en réxime de concerto educativo. Tamén temos un aula de Educación Especial para atender a aqueles alumnos e alumnas que o precisen.

Horarios: de 9:15 a 12:45 e de 14:45 a 16:45 de luns a venres.