E.S.O.

A etapa da Educación Secundaria Obrigatoria comprende 4 cursos organizados en dous ciclos: primeiro (1º, 2º e 3º curso) e segundo (4º curso).

A finalidade da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo; preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

No noso centro dispoñemos de 8 aulas de ESO en réxime de concerto educativo. Tamén temos un aula de Educación Especial para atender a aqueles alumnos e alumnas que o precisen.

Horarios: Luns 8:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:10. Martes a venres de 8:30 a 14:10.