Pastoral

 

 

Entendemos por Pastoral todo proceso que constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo; propicia o encontro da persoa con Xesucristo, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación.

A nosa proposta Pastoral aborda moitas dimensións: a interioridade, o sentido de comuñón,  o compromiso, a solidariedade, a celebración… Está aberta a todos os que se sintan convocados a vivilo no marco educativo e compartindo un Proxecto común.

A Pastoral impregna todo o noso labor docente. A visión humanista cristiá de Santa Xoana é a guía que sostén calquera actividade do colexio.

Os obxectivos da pastoral son:

1.- A persoa e a súa educación integral.

2.- Promover a formación do profesorado e potenciar a pastoral desde todos os plans do centro.

3.- Educar a intelixencia emocional e colaborar no desenvolvemento da educación da interioridade.

4.- Programar e coidar as celebracións relixiosas.

Estes obxectivos desenvólvese no ámbito escolar a través dunhas ofertas e propostas concretas para o alumnado:

  • Ensinanza relixiosa escolar.
  • Celebracións.
  • Acción titorial.
  • Solidariedade e Educación para Desenvolvemento.
  • Educación da Interioridade.

No ámbito extraescolar, espazo complementario, voluntario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe, tamén ofrece:

  • Preparación e celebración de Sacramentos.
  • Voluntariado.
  • Grupos Lestonnac.
  • Rede Laical Compañía de María.