Sacramentos

A identidade cristiá do noso Colexio é un dos alicerces do noso Proxecto Educativo. Neste sinal de identidade o Colexio quere ser un útil instrumento aos alumnos que queiran profundar  no seguimento de Jesús. Por este motivo acompañamos aos alumnos no seu crecemento na fe, colaborando coas familias, na preparación dos sacramentos de iniciación cristiá.

O noso Colexio traballa xunto coa parroquia na preparación dos sacramentos da Comuñón e Confirmación. A Primeira Comuñón empézase a preparar en 3º de E. Primaria e remata coa celebración en xuño, ao finalizar 4º de E. Primaria. A meirande parte do noso alumnado recibe este Sacramento no Colexio.

A Confirmación ofértase para o alumnado de Secundaria.