Solidariedade

Desde o desexo de comprometernos cos demais, especialmente cos máis desfavorecidos, programamos distintas “accións solidarias” que sensibilizan e educan a toda a Comunidade Educativa.

Tomar conciencia das desigualdades que existen no noso mundo, das causas que as provocan, e, á vez, facernos conscientes da necesidade da nosa implicación para ir creando un mundo máis xusto, son prioridades na nosa maneira de entender a educación.

No colexio priorizamos as nosas accións solidarias tendo en conta as necesidades próximas á nosa contorna  e  aquelas que promove a FISC, a nosa ONGD.

As súas dúas liñas de acción son:

  • A Educación para o desenvolvemento:

Promove procesos educativos constantes, encamiñados a promover unha cidadanía global, a través de coñecementos,  actitudes e valores capaces de xerar unha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión; así como  coa promoción do desenvolvemento humano e sustentable.

  • A Cooperación ao desenvolvemento:  

Financia proxectos e programas de cooperación nos países en vías de desenvolvemento.

 

Durante todo o ano, o colexio preocúpase de sensibilizar aos alumnos e alumnas para descubrir outras realidades e para sentir como propia a dor allea. Por unha banda, as festas da Nena María e Santa Xoana xiran en torno aos proxectos que a FISC propón. Por outra banda, hai dúas actividades na que todo o colexio tamén se implica dunha maneira total, como son a Operación Kilo e a campaña do "Boliño Solidario de Mans Unidas. E, por último, animamos a subscribirse e ler as revistas das Obras Misionais Pontificias (Gesto e Supergesto).