Voluntariado

O VOLUNTARIADO é unha forma de participación dos nosos alumnos na sociedade mediante accións de carácter altruísta e solidario, que levan a cabo a través de organizacións, colectivos, programas ou proxectos concretos e que teñen como obxectivo principal, o beneficio cos máis desfavorecidos.

O obxectivo do voluntariado é crear espazos onde os alumnos poidan canalizar os seus desexos de participar en accións solidarias, por medio das que desenvolven os seus coñecementos e competencias a través de actividades solidarias.

A proposta educativa da Compañía de María, ten como un dos seus principios fundamentais facilitar unha educación integral aos nosos alumnos e alumnas, educando na vida e para a vida. O noso proxecto ofrece unha educación para a solidariedade, a responsabilidade social e o desenvolvemento, para contribuír á transformación e mellora da realidade.