Metodoloxías Activas

A personalización é unha das nosas sinais de identidade. Desde ela o alumno é centro do proceso de ensino-aprendizaxe. Entendemos que para iso, os educadores da Compañía de María educan desde unha "Relación que acompaña, integra e fai crecer".

O proceso de ensino-aprendizaxe desenvólvese nas nosas aulas de moi diferente maneira tendo sempre como protagonista do mesmo ao alumno.

Este estilo de ensino-aprendizaxe permite que o alumnado despregue destrezas da vida real e aprenda enfrontándose a problemas e desafíos.

As nosas programacións desenvolven nos nosos alumnos as distintas capacidades, competencias e intelixencias. Buscamos  promover o razoamento crítico, a creatividade, desenvolver unha visión holística da realidade, estimular a autorregulación da aprendizaxe, adquirir o hábito para o traballo en equipo, a capacidade para aprender a aprender e a habilidade para enfrontarse aos problemas e toma de decisións.

 

A metodoloxía didáctica no noso colexio é fundamentalmente comunicativa, inclusiva, activa e participativa, e dirixida ao logro dos obxectivos e das competencias clave. Neste sentido prestamos atención ao desenvolvemento de metodoloxías que permitan integrar os elementos do currículo mediante o desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real.

Bilingüismo e plurilingüismo

O Colexio Compañía de María da Coruña é consciente de que educa cidadáns para un mundo global. Con profundas raíces na comunidade local, acreditadas por unha historia de máis de 90 anos en Cangas, e orgulloso de ser galego, o noso centro amplía a mirada a un mundo cada vez máis conectado.

Sabedores de que as linguas son tesouros en si mesmas, queremos que o noso alumnado reciba unha educación de calidade usando distintos idiomas.

Froito desta forte convicción, e da implementación dun innovador método de inglés como é Little Bridge, como co adiantamento dos ensinos do inglés á Educación Infantil, o noso centro é un COLEXIO PLURILÍNGÜE desde o curso 2016-2017. Isto supón a gradual implementación do ensino de distintas materias en tres linguas: Galego, Castelán e Inglés.

Ademais, o noso alumnado recibe tamén clases de Lingua Francesa desde 1º da ESO.

Programa CA/AC (“Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar) para ensinar a aprender en equipo:

A sociedade actual demanda que os novos profesionais teñan a capacidade de traballar en equipo. Igualmente, o ideario do noso Colexio fomenta a solidariedade, a colaboración, a escoita activa e o respecto ao outro. Co fin de que as nosas aulas sexan verdadeiramente inclusivas, dende o curso 2012-2013, o profesorado estase formando, coa axuda da Universidade de Vic, para ensinar ao alumnado a traballar de forma cooperativa.

O traballo cooperativo fomenta a inclusión do alumnado no aula, axuda a aqueles alumnos con problemas de aprendizaxe a levar o ritmo do grupo, e ao alumnado con máis capacidades a desenvolver o seu potencial aprendendo e ensinando aos seus compañeiros. Esta metodoloxía resulta moi atractiva para o alumnado, e fomenta o desenvolvemento das Competencias Clave (especialmente a Lingüística, as Sociais e Cívicas, a do Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor, e a de  Aprender a Aprender) a través da participación equitativa e a interacción simultánea de todos os membros de cada equipo de traballo.

Proxecto “i”

O “Proxecto i” de Educación da Interioridade está presente en todos os colexios. É un proxecto que parte da vivencia persoal, para que no día a día do colexio e na forma de educar intégrense prácticas educativas de respiración, relaxación, silencio, xestos, apertura á transcendencia… que nos fagan ser máis conscientes da dimensión interior das persoas.

Coidamos a dimensión interior de toda a Comunidade Educativa, xa que pensamos que o que nos pasa por dentro, no noso mundo interior, é moi importante para o correcto desenvolvemento de todas as dimensións da persoa.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

- Desenvolver o autocoñecemento.

- Unificar as dimensións das persoa.

- Promover a apertura á transcendencia.

CONTIDOS:

- Traballo corporal.

- Integración emocional

- Apertura á transcendencia.

Proxecto IntegraTIC

O proxecto IntegraTic é o plan de implantación das novas tecnoloxías no proceso educativo do noso centro, o que implica ademais da dotación de equipamento e infraestruturas necesarias, un cambio de paradigma  na experiencia docente. O colexio Compañia de María de Cangas ten como misión ofrecer unha educación humanista-cristiá que incida na formación integral das persoas. Por isto é indispensable que dea resposta a un entorno social, cultural, e económico en constante transformación, no que as TICs deben constituír unha das ferramentas máis importantes para o cambio de paradigma educativo que as circunstancias nos esixen.

As novas tecnoloxías conviven cos nosos alumnos en todos os ámbitos da realidade. Eles xa  empregan novas linguaxes e ferramentas para comunicarse e adquirir coñecementos. A escola debe formar parte desta revolución tecnolóxica e sacar o maior proveito á multitude de recursos e posibilidades que nos permiten estes avances. Para estar á altura de semellante transformacón é necesario cambiar o fundamento do proceso de ensinanza – aprendizaxe  e dotar o centro dos medios necesarios para poder levalo a cabo. Neste ámbito o noso centro dispón de:

  • Encerados dixitais interactivos e altofalantes na maior parte das aulas.
  • Contas de usuario no dominio do Centro para alumnos (a partir de 5º de Primaria) e profesorado o que posibilita a creación de entornos virtuais de aprendizaxe en moitas áreas e facilita a comunicación entre os membros da comunidade educativa.
  • Unha aula de informática.
  • Un carro portátil de 25 netbooks que posibilita o traballo con contidos dixitais nas distintas aulas.
  • Dúas redes de datos independentes e conexión wifi en todas as aulas do centro.

Debido á implicación nos últimos anos do profesorado na implantación das novas tecnoloxías a participación neste proxecto é un paso natural para nós. Ademais é un paso máis na normalización das TIC na vida do noso alumnado, familias e profesorado. Contamos cos medios e co persoal axeitado para levalo a cabo.