Proxecto Lingüístico

Desde unha educación aberta ao mundo impulsamos a liña pedagóxica do noso Proxecto Educativo"Educar na vida e para a vida".

Vemos a aprendizaxe dos idiomas desde o desenvolvemento da competencia lingüística, unha competencia que estrutura o pensamento e é clave para o desenvolvemento doutras aprendizaxes.

Desenvolvemos as destrezas necesarias para que os nosos alumnos ábranse ao mundo e  afronten a globalización na que vivimos.

O Colexio Compañía de María é un centro Plurilingüe nos niveis de E. Primaria e ESO.

O profesorado do centro ten como obxectivo que o alumnado teña competencia nas dúas linguas oficiais: L. Galega e L. Castelá , e na L. Inglesa.

 

 

Educación Infantil

A lingua materna determínase de acordo coa consulta ás familias ao comezo do curso escolar . Atenderase ao alumnado tendo en conta a súa lengua materna (que pola situación do centro é o castelán)

Tendo en conta os obxectivos propostos para a consecución das competencias básicas, adoptaremos un ENFOQUE GLOBALIZADO para o deseño das nosas propostas didácticas en galego e castelán.

Así, integraremos a aprendizaxe da lingua estranxeira nas áreas de coñecemento do segundo ciclo da educación infantil e levaranse a cabo actividades extraescolares plurilingües.

O profesorado usará a lingua materna predominante e propiciará que o alumnado adquira coñecementos de forma oral e escrita da outra lingua.

Educación Primaria

Nesta etapa garantízase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. As materias de Lingua Castelá e Lingua Galega impártense no idioma de referencia e impártense en L. Inglesa a área de Plástica.

Educación Secundaria:

Nesta etapa garantízase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. As materias de Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa impártense no idioma de referencia.

Ademáis destas tres Linguas, o alumnado de 1º e 2º de ESO, estuda como segunda Lingua estranxeira a L. Francesa e ofértase a devandita Lingua como materia opcional en 3º, 4º de ESO.