Comedor

O Servizo de Comedor do Centro organízase, de luns a venres, en tres quendas que facilitan a atención aos alumnos e a xestión do seu tempo de descanso e recreo.

Cada mes publicamos o menú escolar na nosa web con valores nutricionais e de alérxenos.

Logo de xantar os nenos e nenas desde 3 anos ata 2º de Primaria teñen actividades de carácter lúdico-formativas. A partir de 3º de Primaria dispoñen dun primeiro tempo de recreo e logo doutro  de estudo organizado por idades.

Os interesados en acollerse a este servizo poden facelo tanto de forma regular, previa solicitude na  Secretaría do Centro, ou mediante tíckets diarios para días puntuais.

Para descargar o menú de cada mes pincha aquí e introduce o código que che suministrarán no colexio.