Orientación

Desde o Departamento de Orientación do colexio Compañía de María entendemos a diversidade como algo inherente ó propio feito educativo e pretendemos dar atención a cada un dos alumnos adecuando a nosa intervención ás súas necesidades. Por iso intentamos dar a coñecer e entender a diversidade como algo real e presente nas aulas e na vida.

O Departamento de Orientación do colexio está constituído polo seguinte equipo humano:

Especialista en Audición e Linguaxe: Cristina Casás. Realiza un traballo específico de rehabilitación logopédica con alumnos que presentan dislalias, dificultades de acceso ó idioma, Taller de Estimulación da linguaxe cos alumnos de 3 anos, etc. Tamén traballa con alumnos con dificultades nas áreas de linguaxe asociados a trastornos de tipo disléxico, TEL, etc.

Especialistas en Pedagoxía Terapéutica: María Martínez e Jessica Fernández. Traballan con alumnado con necesidades específicas de apoio educativo na aula de Educación Especial coa que contamos no centro, así como apoios específicos en alumnos con dificultades de aprendizaxe en xeral.

Orientadora: Mª Carmen Comesaña. Coordina a actividade do Departamento de Orientación, abordando a atención a alumnos con dificultades de aprendizaxe, atención a familias, colaboración e asesoramento a outros axentes educativos, así como orientación vocacional no alumnado de ESO.

O equipo traballa de forma coordinada e activa, axustando os recursos ás necesidades do centro e ó seu alumnado.