VISITA Ó MUÍÑO DE FAUSTO
Unha saída para disfrutar da nosa natureza máis autóctona e dos muíños de Coiro.
O pasado venres 13 de Outubro os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria puideron disfrutar dun atractivo roteiro a pé á beira do río Bouzós, en Coiro, no que contemplaron os diferentes muíños que se atopan nesta , así como tamén o seu patrimonio natural.
Estes muíños xogaron un papel moi importante nas actividades económicas das familias do pasado, xa que estaban destinados a moer o cereal. Hoxe en día, aínda que moitos amosan un aspecto deteriorado e ruinoso, seguen formando parte do noso patrimonio rural.
No final do roteiro os pequenos excursionistas achegaronse ó Muíño de Fausto, muíño restaurado no que recoñeceron as diferentes partes, así como observaron a variedade de árbores que se atopan ó seu carón; carballos, salgueiros, castiñeiros e algún que outro bidueiro. Unha vez repostas as forzas aproveitaron para xogar neste peculiar entorno antes da volta ó colexio.