AS MAQUETAS APODÉRANSE DAS AULAS

Representar a realidade a través dunha maqueta ou dun diorama nunca foi sinxelo. Profesores, alumnos e familias fan un alarde de creatividade e bo facer .

Nestas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron en grupos cooperativos diferentes traballos para ciencias naturais. Os temas sobre os que podían investigar eran o cambio climático, o quecemento global, a contaminación, a reciclaxe...
 
Houbo exposicións orais, murais, vídeos, maquetas, experimentos en directo...
 
Todos os grupos traballaron duro e finalmente expuxeron os resultados ó resto da clase. 
 
Por outra banda, os alumnos de terceiro e cuarto de primaria compartiron unha sesión de ciencias naturais, explicando aos alumnos de terceiro os distintos aparatos que forman o corpo humán coa axuda das maquetas que eles mesmos realizaron con moito esforzo. 
 
Seguindo na mesma liña, os alumnos de terceiro , con motivo do estudo do tema " A Terra: un planeta do sistema solar, os alumnos de 3EP , de modo individual, en parellas ou grupos, construíron maquetas empregando diversos materiais e técnicas. Posteriormente, explicaron a experiencia aos demais compañeiros de clase, resaltando momentos divertidos, dificultades ou anécdotas da experiencia. 
 
Cabe destacar tamén a grande implicación das familias por calidade, creatividade e sobre todo esforzo técnico.